Un bandido, un pocero, unha nena que traballa, un mozo que non quere traballar, unha rapariga que emigra e unha pantasma que busca compañía. Estes e outros personaxes configuran o mundo fantástico que imos descubrindo entre as árbores dun bosque. Fronte ao mundo dos pobres, o dos ricos: os señores do pazo, as veraneantes chegadas de Madrid e a patroa que explota aos nenos porque a súa irremediable solteiría exacerbou nela o amor polo diñeiro. Entre todos, o tren que bordea os camiños do bosque, que trae e leva pasaxeiros e é o único nexo que os une e os desune.