Pontevedra Provincia Film Commission (PPFC) é un servizo público e gratuíto da Deputación de Pontevedra, xestionado por Turismo Rías Baixas, cuxo obxectivo principal é promover a provincia de Pontevedra como destino de rodaxes, proxectos audiovisuais e cinematográficos, así como da impulsar a súa imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o seu crecemento económico.
Con este servizo preténdese asesorar e apoiar todas as empresas e profesionais nacionais e internacionais do sector audiovisual que desexen rodar na provincia de Pontevedra. Desta maneira, promóvense e facilítanse as rodaxes neste destino e a súa internacionalización. A Provincia de Pontevedra Film Commission facilita a xestión de todos os trámites e necesidades de empresas e actividades relacionadas con películas de cinema, programas e series de televisión, documentais, anuncios publicitarios e reportaxes fotográficas que se queiran rodar nesta provincia.
Contacto
Palacete de las Mendoza, Plaza de Santa María s/n. 36071 - Pontevedra, España
Teléfono: +34 886 211 720
E-mail: filmcommission [at] depo.es (filmcommission[at]depo[dot]es)
Páxina web: www.pontevedraprovinciafilmcommission.es