A Xunta colabora coa Agrupación industrial Audiovisual na procura de oportunidades para os contidos galegos a través do encontro 'I+P, Ideas para producir'

Engadir á miña lista de favoritos
01 de Decembro 2023

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse ao momento que está a vivir o audiovisual galego, tanto en recoñecementos artísticos como en datos de produción, e felicitou á organización pola longa traxectoria desta iniciativa. O I+P desenvolve durante toda a xornada de hoxe presentacións rápidas tipo pitching e reunións personalizadas ao redor dos 18 novos proxectos seleccionados este ano entre máis de 100 solicitudes recibidas. A través deste evento, teñen a oportunidade de presentarse diante dun auditorio conformado por representantes dunha vintena de televisións, plataformas, produtoras e distribuidoras de toda España.

Imaxe