O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, participou na presentación da 25ª edición dos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, cuxa gala de entrega terá lugar o próximo 27 de febreiro de 2027 no Palexco da Coruña.
Esta edición conmemorativa pon de manifesto a vitalidade do sector audiovisual galego, a diversidade das súas producións, a presenza da lingua galega e o papel das mulleres nos diferentes ámbitos profesionais da industria.
Ao longo dos seus 25 anos de traxectoria, os Premios Mestre Mateo consolidáronse como un escaparate do talento creativo e técnico de Galicia, contribuíndo ao recoñecemento dos seus profesionais e á proxección da industria audiovisual dentro e fóra do territorio galego.
Desde a Galicia Film Commission destacamos a importancia destas iniciativas para fortalecer o ecosistema audiovisual galego, dar visibilidade á capacidade creativa e técnica dos seus profesionais e reforzar o posicionamento de Galicia como territorio de referencia para a produción cinematográfica e audiovisual.