Este edificio de estilo ecléctico atópase na céntrica rúa Riego de Agua e conta con case dous séculos de historia. Inaugurouse en 1841 baixo o nome de Teatro Novo ou Principal e en 1867 sufriu un gran incendio, que requiriu a súa reconstrución en 1868. Ten capacidade para 600 persoas.