Souto de Rozavales. Manzaneda

Engadir á miña lista de favoritos

Entre os castiñeiros do lugar de Rozavales destaca o castiñeiro de Pumbariños, cun perímetro que alcanza os 12,15 metros. Trátase dun exemplar enxertado, como a maioría dos seus venerables compañeiros. Estamos diante dun espazo natural de orixe artificial, explotado secularmente en equilibrio coa natureza. Pumbariños segue a dar de outono a outono os seus froitos, como cando a castaña era tan necesaria para o sustento, antes da chegada da pataca do novo continente. O souto é un ecosistema de gran valor, non só para a explotación humana de madeira e castaña. Á beira do tronco colocáronse bancos para observalo como unha obra de arte e acompañalo ao ritmo das estacións. Con paciencia e discreción, poderemos observar a gran cantidade de aves silvestres que dependen deste souto.

Enderezos

Aldea de Rozavales
32781 Manzaneda Ourense
España

Contacto

Ourense Film Commission

Espazo privado
Non