A uns 200 metros de altitude atopamos o tramo final do río Sil. Tanto aos seus laterais como ao seu longo (uns 35 km aproximadamente) érguense dúas paredes que nalgún punto chegan case aos 500 metros. Durante todo este percorrido podemos apreciar nas súas ladeiras viñas de diferentes adegas da zona, mosteiros enmarcados neste marabilloso lugar e miradoiros desde onde contemplar o canón. Trátase dun río navegable por catamaráns e embarcacións pequenas. Conta con dous embarcadoiros principais neste tramo: Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) e Abeleda (Castro Caldelas).