Esta praia atópase na beira occidental da ría de Cedeira. Está encaixada entre a desembocadura dos díos Ferrerías e As Mestas, e rodeada de vexetación. Ao contrario do resto das praias da zona, esta conta con augas tranquilas. Ten unha lonxitude de 1650 metros.