Esta praia atópase ao sueste de Ribeira, lonxe de núcleos urbanos e nun entorno natural espectacular, aos pés do Parque Natural das dunas de Corrubedo. Trátase dunha praia de area fina e branca cunha lonxitude de uns 1200 metros. Por estar en mar aberto, adoita ter ondas fortes e correntes. É de fácil acceso e conta cun aparcamento preto da area.