Esta praia ten case dous quilómetros de lonxitude, con area fina e mar aberto. No sistema dunar do Rostro medran especies como a aceda de ribeira, rumex rupestris, que está ameazada. Cara ao interior a duna ten unha cobertura vexetal máis densa. É unha praia con forte ondada.