Este areal de apenas 40 metros de lonxitude e con forma de cuncha está rodeado doutras praias e formacións rochosas. Desde aquí podemos observar a Illa de Sálvora. Atópase en San Vicente do Mar, no concello do Grove. Pódese acceder a pé (pola senda de madeira de Pedras Negras) ou en coche. Conta cunha zona de aparcamento e un chiringo.