Enmarcada dentro do espazo natural protexido pola Rede Natura 2000, a praia de Melide atópase situada entre dous faros, un deles o de Cabo Home. Conta con 250 metros de lonxitude e unha anchura media de 40 metros. Trátase dunha praia de mar aberto cun piñeiral que a rodea. O acceso é peonil, pero con pista de terra para servizos coa correspondente autorización previa.