Este areal atópase nun dos marcos naturais máis impresionantes, co monte Louro de fondo. Detrás atópase a lagoa, separada polas xigantescas dunas, que alcanzan os catorce metros de altura. Trátase dunha praia aberta ao mar de 1400 metros de lonxitude.