Aberta ao tráfico dende 1981, a ponte de Rande unha das imaxes máis representativas de Vigo. Pódese observar a Ría de Vigo, coas súas bateas e as illas Cíes ao fondo. Esta ponte con tirantes ten unha lonxitude total de 1558 metros e unha altura na pleamar de 48 metros. Forma parte da Autoestrada do Atlántico, AP-9.