O Pazo Quinterio da Cruz atópase no corazón do val do Salnés, no Concello de Ribadumia. Trátase dun edificio do século XVIII e nel podemos atopar un impresionante pórtico, hórreos, cruceiro, pombal, capela e fontes ornamentais. O elemento máis destacado do pazo é o xardín botánico repleto de camelias e especies exóticas, rodeado de viñedos e bosque autóctono. Este pazo conta cunha adega e elabora o seu propio viño albariño. Atópase a uns 20 km de Pontevedra.