Na aldea de Rozavales, en Manzaneda, atópase este pazo do século XVI construído sobre unha roca xigante. A súa planta é rectangular e conta con dúas torres. Foi reformado para converterse na actualidade nun establecemento de turismo rural, mantendo as súas características orixinais cun toque moderno.