Este edificio atópase no centro da cidade, na zona monumental e histórica, compartindo espazo co Teatro Principal. Ten tres fachadas e divídese en planta baixa, catro andares e soto. No seu interior distribúense as diferentes dependencias para as actividades e servizos que se prestan: biblioteca, sala de xogos de cartas e dominó, salón nobre, restaurante, sala de estudo, etc.