Trátase dunha zona de montaña na parte sur do Macizo Central ourensán. Está formada polos vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, enmarcada polas serras de Queixa e Fial das Corzas, con picos de máis de 1.600 metros. É o único parque natural de Galicia onde non hai poboacións humanas.