Illa de Sálvora

Engadir á miña lista de favoritos

A illa de Sálvor forma cos illotes que a rodean un labirinto rochoso que protexe a entrada norte da ría de Arousa. Esta illa presenta unha paisaxe relativamente chá onde predominan as praias e as dunas, así como os pequenos bloques graníticos redondeados chamados "bolos". Cara ao norte da illa atópase a aldea de Sálvora, testemuña muda doutro tempo no que a illa estivo habitada, onde atoparemos o pazo da Seara, do século XX. O faro, ata hai pouco gardado por fareiros, sinaliza esta zona perigosa onde ocorreron numerosos naufraxios, como o do vapor Santa Isabel en 1921. Forma parte do parque nacional mariño-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Enderezos

Illa de Sálvora
15965 Ribeira A Coruña
España

Contacto

Galicia Film Commission

Espazo privado
Non