Esta igrexa sitúase nas escarpadas ladeiras da Ribeira Sacra, onde o Miño se encontra co encoro de Belesar. O templo ten planta basilical cunha ábsida semicircular precedido dun tramo recto. Na súa fachada atópase un rosetón considerado un dos máis espectaculares da arte románica galega.