O seu nome procede do latín "finis terrae", fin da terra e punto final tamén do Camiño de Santiago. Fisterra está formada por un núcleo antigo que medra en anfiteatro sobre o porto. As súas típicas casas e rúas estreitas son de gran orixinalidade. O seu porto é o principal lugar de actividade da vila e a súa lonxa, a primeira lonxa turística de Galicia