Este faro, co seu característico deseño de raias vermellas e brancas, atópase no alto do cabo Silleiro, a uns 85 metros sobre o nivel do mar, na vila de Baiona. O edificio conta cunha torre de 30 metros anexa á fachada oeste. Moi preto do faro atópanse os canóns do cuartel militar agochados na ladeira da montaña e, xusto na punta do cabo, os restos do antigo faro.