Tras percorrer unha estrada recta pegada ao mar chégase a este fermoso faro. Atópase na entrada sur da ría de Muros, na localidade de Corrubedo, que pertence ao concello de Ribeira. Trátase dun cabo rochoso con pequenos penedos, pero de grande dureza debido ao golpeo do mar contra eles. Desde o faro pódense observar as Dunas de Corrubedo, que son parte do Parque Natural.