Esta fábrica (actualmente pechada e deteriorada) atópase en Cangas do Morrazo. Foi construída en 1883 sobre un edificio preexistente utilizado como almacén de sal. Dedicada ao mundo da conserva, tamén foi unha factoría baleeira. Trátase dunha xoia da arquitectura industrial.