Situada na parroquia de Covas, esta ermida atópase nunha pequena illa xunto á costa que remata nun acantilado e que é coñecida como a "Ínsua do medio". A única forma de chegar á parte superior da illa, onde se localiza a ermida, é subindo unhas escaleiras ás que só se pode acceder coa marea baixa desde o areal de Santa Comba.