Esta cidade sitúase nunha península, o que permite observar o mar desde diferentes puntos, e conta co paseo marítimo máis longo de Europa. Nela podemos atopar multitude de espazos diversos, entre eles a Torre de Hércules, a Marina ou as praias urbanas de Riazor e Orzán, entre outras. Tamén posúe un casco histórico coas súas rúas e prazas empedradas. Se nos aventuramos un pouco na cidade podemos observar distintas rúas e edificios de estilo modernista. Outro dos puntos a destacar é o monte de San Pedro, que ofrece unha vista panorámica da cidade.