O Cebreiro é unha aldea de orixe prehistórica que pertence ao concello de Pedrafita do Cebreiro. Está situada a 1.300 metros de altitude entre as serras dos Ancares e do Courel, sendo declarada conxunto histórico nacional. Nela consérvanse as pallozas, as rúas de pedra e a igrexa de Santa María A Real. Trátase dunha aldea de conto rodeada dunha paisaxe espectacular.