A catedral levántase en perpiaño de granito con tellados de laxes do mesmo material. É unha construción románica de planta en cruz latina, con brazo lonxitudinal e transepto de tres naves, un deambulatorio na cabeceira e unha tribuna que percorre todo o perímetro. As capelas laterais dispóñense ordenadamente ao longo do templo, cada unha co seu propio espazo e individualidade. Do período románico só se conservan algunhas capelas do deambulatorio.