A construción que vemos na actualidade é do século XV, xa que anteriormente o castelo foi derribado pola Revolta Irmadiña. No século XVIII constrúese a famosa galería das damas de estilo neogótico. Atópase en bo estado de conservación e conta con amplos xardíns, incluídos dentro da Ruta da camelia.