Esta casa foi construída en 1921 por Antonio Fernández Fernández, que fora emigrante en Cuba. Os seus 120 metros cadrados, divididos en dúas plantas, están destinados a vivenda. Desde a fachada podemos observar os dous miradoiros e a rechamante cúpula sobre a terraza da cuberta. Conta cunha finca duns 1250 metros cadrados.