Este concello está localizado na comarca do Salnés, no centro das Rías Baixas. No ano 2017 foi elixida como Cidade Europea do Viño. En Cambados atopamos unha fermosa contorna natural (coas súas múltiples praias e bosques) e cun gran legado histórico (igrexas, convento e numerosos pazos). Tamén poderemos atopar numerosas adegas, moitas delas situadas en históricos pazos. Cambados atópase a uns 29 km de Pontevedra.