Na cafetería deste emblemático edificio adoitaban reunirse algúns dos intelectuais máis coñecidos do galeguismo histórico. Consérvanse interesantes pinturas de destacados artistas galegos da primeira metade do século XX, como Monteserín, Pintos Fonseca, Carlos Sobrino ou Laxeiro. O espazo conta tamén cun salón de actos, sala de exposicións, salas de usos varios e xardín.