Estas baterías militares, construídas entre os anos 1929 e 1933, pertencen ás instalacións militares de Campelo Alto e Baixo. Formaban parte do sistema defensivo militar da Costa Ártabra. Na actualidade consérvanse estes túneles en forma de "Y" que daban acceso a varias dependencias militares. Estas baterías atópanse preto do faro de Punta Frouxeira, o que lles confire unha beleza particular.