Producións estranxeiras

As produtoras estranxeiras que desexen instalarse en España dispoñen de varias alternativas para formalizar a súa situación:

Establecerse de maneira provisional en España (so compañías pertencentes á UE)

Aquelas compañías pertencentes á UE teñen a posibilidade de establecerse de maneira provisional en España previa inscrición no rexistro de Facenda, para o que é necesario facer entrega dunha copia dos seus estatutos de constitución. A continuación, facilitaráselle á empresa un número de identificación fiscal para estranxeiros. A empresa deberá pagar os impostos correspondentes aos beneficios que obteña en España.

Abrir unha oficina filial en España

O procedemento neste caso é o mesmo que o de calquera empresa de nova constitución. A persoa representante da empresa deberá asinar ante notario a escritura de constitución da sociedade, obter o número de identificación fiscal, darse de alta no imposto de actividades económicas correspondente á actividade que desexe desenvolver e solicitar a alta na Seguridade Social. A empresa será independente dende o punto de vista legal, fiscal e financeiro, e estará suxeita ao imposto sobre o valor engadido.

Asociación cunha produtora local

Unha terceira posibilidade, e quizais a máis habitual, é a asociación dunha produtora estranxeira cunha produtora local, que presta os seus servizos a cambio dunha retribución previamente pactada ou establece coa empresa estranxeira un réxime de coprodución.

Imaxe
Equipo detrás das cámaras