En España, o denominado dereito á imaxe regúlase como unha manifestación dos dereitos da personalidade, xunto co dereito á honra e o dereito á intimidade. Trátase dun dereito fundamental e inherente á persoa, que goza dun sistema de garantías especialmente reforzado.
O dereito á propia imaxe, entendido como expresión esencial da personalidade, pode ter un uso comercial, polo que o lexislador establece na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, que:
Artigo 7º.
“Terán a consideración de intromisións ilexítimas no ámbito de protección delimitado polo artigo 2 desta lei:
(...)
6. A utilización do nome, da voz ou da imaxe dunha persoa con fins publicitarios, comerciais ou de natureza análoga.”
En consecuencia, calquera uso da imaxe privada, familiar ou íntima dunha persoa require a súa autorización previa, autorización que poderá ser revogada en calquera momento, sen máis requisito que a reparación dos posibles danos ocasionados pola retirada do consentimento.
Non se entende a imaxe como un obxecto de dereito co que se poida comerciar: a persoa titular da imaxe pode autorizar ou revogar o seu uso libremente.
Non se trata, polo tanto, dunha “cesión da imaxe”, senón dun consentimento condicionado e revogable