Galicia posúe un rico e consolidado tecido audiovisual con ampla experiencia, que leva máis de 30 anos exportando obras cinematográficas e televisivas de alta calidade ao resto de España e aos mercados internacionais. O sector audiovisual galego ten demostrado que en Galicia pódese, literalmente, rodar calquera produto sen importar o formato, o contexto, a época ou o xénero. E pódese facer de forma eficiente, profesional, rendible e, o máis importante, con capacidade de emocionar e convencer a espectadores de todo o planeta. Talento creativo e técnico, capacidade e infraestrutura que se unen a localizacións únicas e espectaculares.
A Xunta de Galicia conta cun afianzado sistema de apoio económico a proxectos audiovisuais que pon especial énfase na captación de rodaxes nacionais e internacionais. A esta oferta súmanse as axudas e incentivos de carácter estatal, facendo da nosa Comunidade Autónoma unha das máis interesantes e competitivas de España para financiar e rodar longametraxes e series creadas para traspasar fronteiras e chegar a grandes públicos a nivel mundial.