FicAndaina é un certame audiovisual centrado na diversidade funcional, a accesibilidade e a inclusión. A súa programación inclúe proxeccións, talleres e actividades que promoven a reflexión sobre o papel do cinema na construción dunha sociedade máis inclusiva.
FICAndaina busca visibilizar, normalizar e fomentar a inclusión a través do audiovisual. Ao longo das súas edicións, consolidouse como un dos principais festivais a nivel estatal nesta temática, ofrecendo ao público unha programación variada de curtas e longametraxes que abordas cuestións relacionadas coa accesibilidade, a igualdade e a diversidade.
Ademais das proxeccións, o festival organiza obradoiros, mesas redondas e actividades paralelas que fomentan o diálogo entre creadoras, profesionais e espectadores, promovendo unha reflexión crítica sobre o papel do cinema na construción dunha sociedade máis inclusiva. FICAndaina aposta pola calidade artística, a innovación e a participación cidadá, converténdose nun espazo de encontro, educación e concienciación, no que a diversidade funcional deixa de ser unha excepción para integrarse plenamente na vida cultural.