Sunrise Films Production é unha produtora audiovisual dedicada ao desenvolvemento, produción e execución de proxectos cinematográficos, publicitarios e de contidos para plataformas dixitais. Contamos con experiencia na xestión integral de rodaxes, desde a preprodución e localización de espazos ata a coordinación de equipos técnicos e postproducción.
Ofrecemos servizos de produción executiva, liña de produción e facilities para rodaxes nacionais e internacionais, adaptándonos ás necesidades específicas de cada proxecto. O noso equipo combina profesionais con traxectoria en distintos formatos (longametraxe, curtametraxe, series, anuncios e contido de marca), garantindo flexibilidade, rigor técnico e cumprimento de prazos.