Orixe Studio

Engadir á miña lista de favoritos
Comunicación e marketing dixital, VFX e creación dixital, Vídeo corporativo
Enderezo

Rúa Jose Salgado, 2, Bajo A, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra
36650 Caldas de Reis Pontevedra
España

Correo electrónico
contacto [at] orixestudio.com
Teléfono
686953555
Persoa de contacto
Gael Gonzalez Doval

Estudo audiovisual e tecnolóxico en Caldas de Reis: vídeo corporativo e industrial, dron, VFX, dixitalización 3D e desenvolvemento web.

Orixe Studio é un estudo audiovisual e tecnolóxico con sede en Caldas de Reis (Pontevedra). Producimos vídeo corporativo, industrial e publicitario, con rodaxes dentro de fábricas, estaleiros e canteiras sen deter a produción.

Traballamos con dron, animación 3D e VFX, e dixitalizamos espazos e obxectos con Gaussian Splatting e NeRF para tours virtuais e visores 3D que funcionan no navegador, sen instalar nada.

Completamos o audiovisual coa parte tecnolóxica: desenvolvemento web a medida, automatización de procesos con intelixencia artificial e posicionamento SEO
Temos produto propio en produción: LocalNode, plataforma dixital municipal que estrea Caldas de Reis, e GastroNode, carta dixital para hostalaría.

Sectores con experiencia real: naval, industria, granito, inmobiliario, hostalaría e administración local.