Punto de encontro para empresas, creativos e institucións que impulsen a innovación e desenvolvemento da imaxe dixital e da animación. Nas súas instalacións de máis de 500m2, equipadas coas últimas tecnoloxías, contan cun espazo de coworking con capacidade para 12 empresas, aula de formación, plató virtual e sala de posprodución.