PROXECTA é unha asociación sen ánimo de lucro que aposta pola defensa e posta en valor dos festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, e a promoción dos contidos e valores artísticos e culturais que estes impulsan. Constituída en 2018, actualmente integra 19 eventos que se estenden por toda a xeografía galega, de diversos xéneros, formatos e públicos.