O Clúster do Audiovisual Galego é unha alianza empresarial de máis de 50 socios que participan en todos os procesos da cadea de valor da produción audiovisual. Dispoñen do recoñecemento de Agrupación de Empresas Innovadoras (AEI). A súa actividade xira arredor de catro eixos estratéxicos: innovación e desenvolvemento tecnolóxico, internacionalización, dinamización sectorial e formación.