A Academia Galega do Audiovisual (AGA) é a asociación que aglutina as diversas familias profesionais do sector audiovisual en Galicia. Todas as actividades organizadas pola Academia dende os seus inicios teñen por obxectivo promover, divulgar, difundir e fortalecer o coñecemento do audiovisual galego. Entre outras iniciativas, a Academia promove a organización dos Premios Mestre Mateo.