About us

Galicia Film Commission é un servizo da Xunta de Galicia que se presta desde a Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. O seu principal obxectivo é situar a Comunidade Autónoma como destino preferente de rodaxes para cine, televisión e publicidade, contribuíndo ao fomento da industria audiovisual local, a promoción do turismo e a dinamización da actividade económica galega no seu conxunto.


Na procura destes obxectivos, Galicia Film Commission ofrece os servizos e desenvolve as accións que se relacionan:

- Posta a disposición dun buscador de localizacións baseado en sistemas de Intelixencia Artificial

- Bases de datos de profesionais e empresas do sector audiovisual galego

- Información e apoio na tramitación de permisos de rodaxe en coordinación coas Film Commission e Film Office da Comunidade Autónoma

- Simplificación normativa e homologación da documentación requerida polas diferentes Administracións Públicas

- Incentivos económicos ás rodaxes. Apoio na tramitación e xestión das subvencións públicas autonómicas

- Promoción exterior de Galicia e da súa industria audiovisual